fbpx

Rif (de piojos y gas mostaza)

When:
12 Febreiro, 2022 @ 8:30 p.m. – 10:30 p.m.
2022-02-12T20:30:00+01:00
2022-02-12T22:30:00+01:00
Where:
Auditorio de Galicia-Santiago
Cost:
14€

Os nosos protagonistas son tres soldados do exército español que se atopan nas terras do Rif despois do Desastre de Annual, ocorrido o 21 de xullo de 1921. Son tres soldados que representan aos miles de mozos españois que foron arrincados dos seus fogares e aos miles de rifeños que se viron obrigados a loitar no lado español para mitigar a súa fame e a súa miseria. A través das súas historias, dos seus relatos, das súas vivencias, que percorrerán lugares tristemente míticos como Igueriben, Zeluán ou o Monte Arruit, e que se van a proxectar ata o nefasto ano de 1936, desfilarán diante de nós personaxes chave daquelas guerras: deputados, altos comisarios, reis, cantineiras, prostitutas, caídes, artistas de cinema, xornalistas, militares e civís. Con eles imos visitar, coma se dun pesadelo grotesco se tratara, unha guerra innecesaria, inxusta e cruel, que causou miles de mortes de españois e rifeños, utilización de gases tóxicos incluída, e cunhas consecuencias cruciais no devir do século XX…