fbpx

Obradoiro “A tiro de verso. De González Garcés a Olga Novo/Pilar Pallarés”

When:
6 Outubro, 2022 @ 7:00 p.m.
2022-10-06T19:00:00+02:00
2022-10-06T19:15:00+02:00
Where:
Biblioteca provincial da Coruña
Cost:
Free

Fomentar a lectura de poesía en galego é o obxectivo do novo Obradoiro que promove do departamento de Cultura da Deputación da Coruña ao abeiro do Premio González Garcés. Estará coordinado por Apiario baixo o título “A tiro de verso. De González Garcés a Olga Novo/Pilar Pallarés” e comezará o xoves 29 de setembro na Biblioteca provincial da Coruña.

Durante catro sesións, o obradoiro será un espazo para achegarse á palabra poética, fornecido de lecturas que abranguen dende a obra de González Garcés ata a poesía última. Atallar os prexuizos co xénero e afondar no acontecemento poético, atendendo a teorías que nos poñan en contacto coas poéticas máis relevantes das últimas décadas. Todo isto para deternos en conceptos como silencio, música do poema, poder de suxestión, evocación, corte do verso, imaxe…

Está dirixido a persoas interesadas en aproximarse ou afondar na poesía galega e en adquirir ferramentas para gozar da súa lectura. A cita será semanal, ás 19:00h, durante catro xoves:  o 29 de setembro e os 6, 13 e 20 de outubro. Na última sesión, as persoas participantes recibirán un agasallo: coñecer a Pilar Pallarés e Olga Novo e compartir o Obradoiro con elas, as dúas últimas autoras galegas en ser recoñecidas co Premio Nacional de Poesía en 2019 e 2020.

Ademais, as persoas participantes no obradoiro rematarán a formación cunha listaxe de libros de poesía recomendados por Apiario e exemplares dos últimos Premios González Garcés da Deputación da Coruña.

A inscrición é de balde con prazas limitadas ata 15 persoas. O prazo para inscribirse abre o luns 19 de setembro a través do formulario online que se activará en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/garces