fbpx

Lugín en Compostela. 150º aniversario do seu nacemento

When:
23 Xuño, 2021 – 15 Setembro, 2021 all-day
2021-06-23T00:00:00+02:00
2021-09-16T00:00:00+02:00
Where:
Museo Casa da Troya Rúa da Troia, 5 Santiago

O Museo Casa de la Troya reabría esta mañá as súas portas ao público, iniciando así a súa temporada de verán. Poderá visitarse ata mediados de setembro. O horario é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, pechando, como é habitual, os domingos e os luns.

A exposición “Lugín en Compostela. 150º aniversario do seu nacemento”, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia e o Museo Casa de la Troya, pode contemplarse no museo, onde permanecerá durante todo o verán. Os visitantes poderán seguir as explicacións das guías pola vella pensión de estudantes e pola propia exposición.

Ademais de conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Pérez Lugín, esta mostra quere poñer en valor La casa de la Troya como retrato da vida universitaria no Santiago de Compostela de finais do século XIX e principios do XX. Expóñense máis de 40 pezas, que tratan de reflectir non só a historia que se recolle na novela -a do estudante Gerardo R oquer, que chega de Madrid a Santiago e alóxase na pensión La Casa de la Troya-, senón tamén como era a cidade compostelá da época.

Ademais, amósanse outros títulos da “literatura de campus”, tradición literaria na que se encadra a obra de Lugín. O visitante poderá achegarse así mesmo a documentos que corroboran o éxito da novela La casa de la Troya, da súa adaptación cinematográfica e da súa versión teatral. O fenómeno editorial que supuxo para a súa época a obra de Lugín e a súa pegada noutras obras están tamén presentes nesta mostra homenaxe a Alejandro Pérez Lugín, autor dunha novela que pode definirse como das primeiras “superventas” da literatura española.

Alejandro Pérez Lugín

Alejandro Pérez Lugín (Madrid 1870 – Culleredo 1926) e a súa obra máis destacada están moi ligados a Galicia, sobre todo á cidade de Compostela. Fillo de Antonio Pérez Serrano, natural de Cabra (Córdoba), e da santiaguesa María Josefa do Carmen García Lugín e Castro, a súa árbore xenealóxica por parte de nai emparéntao con Rosalía de Castro. Chega a Santiago en 1886, cando os seus pais se instalan na capital de Galicia para rexentar a camisería “El buen gusto”, situada nunha das esquinas da praza do Toural, centro neurálxico da cidade naquela época. Neses anos é un estudante máis da súa universidade, licenciándose en Dereito en 1891.

Logo do seu labor xornalístico en Santiago e Madrid, publica a súa primeira novela, La Casa de la Troya, en 1915, que na época se converteu nun auténtico best-seller. Foi levada ao cine por primeira vez en 1924 -dirixida polo propio Lugín-, o que a sitúa nunha das longametraxes máis antigas da cinematografía española. A novela alcanzou gran popularidade, non só en España -onde foi premiada pola Real Academia Española-, senón tamén en América. Na actualidade segue a ser unha das obras máis editadas na historia da literatura do noso país.