“LEVANTARSE E CAER” Xira de Xabier Díaz
O artista galego lanza novo traballo en solitario, paralelo ao seu traballo xunto a Adufeiras de Salitre, no que profunda nos conceptos de resiliencia, os impactos sociais que recibimos como individuos na infancia e a súa importancia na posterior construción individual e colectiva. Reflexiona sobre o paradigma do éxito, etc. Todo desde unha perspectiva intimista e personalísima, mirando á infancia sen perder de vista o presente.
O disco, que contén 10 temas que teñen a canción como elemento vertebrador do álbum, conta cunha edición limitada cunha caixiña de música na que pode escoitarse un dos arrolos.
Que Xabier Díaz é un dos grandes músicos do panorama actual en Galicia é indiscutible, pero á súa impecable traxectoria xunto Adufeiras de Salitre únese agora un novo traballo en solitario, “Levantarse e Caer”, un disco no que o artista reflexiona sobre a necesidade de cambiar o paradigma do éxito e a construción dunha sociedade individual e colectivamente máis xusta e solidaria.
O proxecto discográfico, recolle 10 temas que navegan entre o son tradicional galego, a música melódica e os arrolos. O primeiro single do disco, “Levantarse e Caer”, vía a luz o pasado mes de marzo e pasaba inmediatamente a coarse entre os temas en galego máis escoitados en todas as plataformas. Tras el chegaba “María e a Curuxa”, un arrolo de patrón suave e doce, que permitía atisbar un pouco máis o particular universo de Díaz.
“Levantarse e Caer” é un traballo honesto no que Xabier Díaz explora os recordos da infancia, a perspectiva adulta do éxito e a necesidade de querer e querernos máis e mellor como unha forma de sandar as feridas e construír unha realidade máis amable.