HOY PUEDE SER MI GRAN NOCHE
Neste espectáculo a actriz, acompañada dunha música en escena, desprégase en múltiples voces para facer unha viaxe ao pasado co fin de entender esa estraña amalgama que resulta do que un día quixemos ser e o que somos. Esta é unha obra divertida, valente e profunda, unha celebración do que xa non está, do que puido ser e non foi, un canto aos perdedores e perdedoras, aos que nunca deixan de esperar o seu momento.
Un relato desgarrador onde Teatro en Vilo volve despregar toda a elocuencia da súa poética teatral, a irreverencia, a tenrura e o humor para achegarnos á batalla dunha muller que se pelexa entre o extraordinario e o ordinario, a fazaña e a derrota, o deber ser e a felicidade verdadeira.
Teatro en Vilo é unha das compañías máis interesantes da nova creación teatral, avaladas polas súas obras teatrais gañadoras de múltiples premios, entre eles o PREMIO OJO CRÍTICO DE TEATRO (RNE), recibindo unhas críticas marabillosas polas súas creacións.