fbpx

Holanola Lab-Festival

When:
12 Setembro, 2023 – 17 Setembro, 2023 all-day
2023-09-12T00:00:00+02:00
2023-09-18T00:00:00+02:00
Where:
Riquela Club, Fuco Lois, Borriquita de Belem, Numax, Praza de Feixoo, Modus Vivendi
Santiago de Compostela

O Holanola Lab-Festival xorde coma un acontecemento impredicible. A súa premisa principal é que o espectador e os músicos teñan un lugar de encontro atravesado por diferentes achegas culturais, para xerar un intercambio de saberes ao redor da música. A referencia atmosférica do encontro é Nova Orleans, cidade que deu orixe ó jazz, pero o festival non ten límites de estilo, o principal é construír unha comunidade máis aló do escenario a través de actuacións e conversas musicais.

Holanola é un festival aberto musicalmente a moitos estilos, ecléctico, entendendo o encontro como unha mestura de diferentes influencias afastadas do elitismo e cun carácter marcadamente popular. Nese sentido, o programa integra diferentes achegas, desde sons máis locais ata outros universais coma o rock’n’roll. Ademais dos concertos o festival incorpora unha serie de conversas culturais ao redor da música, os seus contextos e derivas, guiadas por recoñecidos xornalistas musicais.

MARTES 12
21.00h – Sanny – Fuco Lois

MÉRCORES 13
21.00h – Sabela King & The Heartbreakers – Borriquita de Belem

XOVES 14
19.00h – Proxección “Buck Jumping”, de Lily Kebber – Numax
22.00h – Carlos Childe – Riquela Club

VENRES 15
21.00h – Sabine McCalla – Riquela Club
22.20h – Adrián Costa & Julián Maeso & – Riquela Club

SÁBADO 16
11.30h – Comunidades artísticas e resistencia musical en Nova Orleans – Riquela Club
13.00h – Fundación Paideia – Praza de Feixoo
21.00 – Duff Thompson & Steph Green & – Riquela Club
22.20h – Max Bien Kahn & Sam Doores & – Riquela Club

DOMINGO 17
13.00h – Pandeireta e canto. Masterclass – Riquela Club
21.00h – Gina Leslie & Leonie Evans & Paloma – Modus Vivendi

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.