fbpx

Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro

When:
2 Abril, 2022 – 4 Abril, 2022 all-day
2022-04-02T00:00:00+02:00
2022-04-05T00:00:00+02:00
Where:
Santiago de Compostela

Coincidindo co Quinto Domingo de Coresma, tamén chamado ‘Domingo de Lázaro’ ou ‘Domingo de Paixón’, o compostelán Barrio de San Lázaro celebra unha das festas relixiosas e gastronómicas máis senlleiras e antigas de Compostela, a Festa da Uña.

O Concello de Santiago colabora coa Asociación Gastronómica e Cultural “Orde da Uña”, co obxectivo de poñer en valor a súa tradición e singularidade. Esta acción de promoción gastronómica enmárcase dentro da marca paraugas “COMPOSTELA GASTRONÓMICA”, que aglutina as accións de promoción do turismo gastronómico.

Para Turismo de Santiago, esta celebración considérase de interese para o desenvolvemento turístico da capital galega fóra da temporada alta, pola identidade gastronómica do noso destino e pola posta en valor de produtos de produción local.

Entre o 2 e o 4 de abril, as uñas de San Lázaro, que adoitan cociñarse con bertóns, patacas e chourizo, poderán degustarse en 22 locais de hostalería, moitos deles situados no propio barrio, pero tamén en restaurantes ubicados noutras zonas da cidade. A isto haberá que sumar un amplo programa festivo que inclúe pasarrúas, verbenas e, por suposto, a tradicional subasta das uñas, que ten lugar o luns 4 pola mañá.

Os locais participantes son: A Calzada, A Casa da Viña, A Taberna de San Lázaro, Doña Ana, La Bodeguilla de San Lázaro, La Finca, O Mesón de Lázaro, O Afiador, o Labrador, O Tangueiro, Pedra Santa, Restaurante Hotel San Lázaro, Susos Restaurante, Pulpería Parrillada Negreira, Brasería A Grella, Mol Bar, Taberna da Feira, Don Quijote, O Bo Xantar, A Nave de Vidán, Ultreia e Ruta Jacobea.

A historia da Festa da Uña remóntase a cando o barrio acollía aos enfermos de lepra e se ofrecían as uñas dos porcos a San Lázaro para que velara por eles e lles dera saúde aos porcos que criarían para o vindeiro ano. A Igrexa con todas estas ofrendas repartía lotes a cada familia, que se ceaban pola noite. Ademais, os bares do barrio facíanse cos primeiros lotes para que todos os composteláns puideran degustar este marabilloso manxar.

Toda a información dos locais participantes e o programa festivo pode consultarse na web de Turismo de Santiago