fbpx

Emocións Entroncadas

When:
1 Maio, 2021 – 29 Maio, 2021 all-day
2021-05-01T00:00:00+02:00
2021-05-30T00:00:00+02:00
Where:
Os Catro Gatos
Rúa das Rodas
13
Santiago
O proxecto “Emocións Entroncadas”, é o resultado do encontro no Camiño, de dúas artistas separadas físicamente polos kilómetros, pero unidas no esencial: o seu amor pola arte, a súa incesante procura creativa e a súa concepción da creación como un vehículo de desenvolvemento persoal. Aínda que existen diferencias no que respecta á execución entre a obra de ambas, son moitas máis as semellanzas que as unen, xa que o seu traballo móvese no eido do expresionismo abstracto e o máis importante, Alicia Larsson (Suecia) e Nuria Lago (Vigo) son dúas artistas temperamentais, enerxéticas, críticas e enormemente apaixoadas; detrás das súas obras sempre está a emoción e o lirismo, deixando a súa impronta inevitable, constituíndo así cada unha delas unha radiografía dos seus respectivos mundos interiores. Ámbalas dúas íspense ante o espectador.
A exposición será inaugurada o sábado, 1 de maio, de 17:00 a 21:00 horas, no espazo para a arte Os Catro Gatos, en Santiago de Compostela.