fbpx

Directo de Ward Hayden & The Outliers

When:
15 Outubro, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-10-15T21:00:00+02:00
2022-10-15T21:15:00+02:00
Where:
Sala Riquela
Cost:
Desde 10 €

Ward Hayden & The Outliers (antes coñecidos como Girls Guns & Glory) comezan coma unha vía de escape á música enlatada da radio actual. Hayden, formado na música country e o rock n’ roll primigenio a través das cintas de cassette da súa nai, atopou en Greg Hall (baixo), Josh Kiggans (batería) e Cody Nilsen (guitarra) os seus compañeiros perfectos de viaxe. Labrándose un nome nos honky tonks de Boston antes de saltar á estrada en USA e Europa, pronto lograron unha fiel lexión de fans, e a revista Rolling Stone definiulles coa ecuación de “un Buddy Holly moderno + Dwight Yoakam dividido polos Mavericks”.

Namorados do rock n’ roll clásico, o country, o blues e a música americana máis eléctrica e auténtica, as súas cancións falan de amor, do día a día, da xente sinxela. Tras “Can’ t Judge a Book”, primeiro disco da nova encarnación da banda, composto por versións de The Derailers, Peter Lafarge, Fountains Of Wayne, Elvis, Chuck Berry e Nick Lowe, ‘ Free Country’ (2021), producido polo infalible Eric ‘ Roscoe’ Ambel ( Steve Earle, Dan Baird e un longo etcétera) é un paso adiante no seu exercicio de estilo, con baladas de corazóns rotos e rock n’ roll para levar o ritmo coas botas.

Ward Hayden & The Outliers son garantía absoluta de pasar un bo intre.