fbpx

Concertos no Auditorio de Galicia

When:
11 Febreiro, 2022 – 23 Abril, 2022 all-day
2022-02-11T00:00:00+01:00
2022-04-24T00:00:00+02:00
Where:
Auditorio de Galicia - Santiago
Cost:
Desde 14 €

A concellaría de Acción Cultural presenta unha programación de Música para os primeiros meses do ano que completa o programa de abono da Real Filharmonía de Galicia-Auditorio de Galicia. Así, serán un total de sete concertos no Auditorio de Galicia entre xaneiro e abril: Sés, Morgan, Los Secretos, Manel, Uxía e Javier Ruibal, Enric Montefusco e Mercedes Peón.

Os prezos das entradas (coa excepción dos concertos de Sés e Los Secretos), serán de 14 euros para todos os concertos, cun desconto do 50% para os colectivos habituais: persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

SÉS
LIBERAR AS ARTERIAS
Auditorio de Galicia
11 de febreiro
20.30 h
Prezo: 20 €
Entradas en ataquilla.com
Sés non só segue mantendo a súa valente mensaxe, senón que neste novo traballo poténciaa. En Liberar as Arterias, que inclúe unha selección de cancións con letra e música da propia cantautora, percorre América de norte a sur, pasando todo polo seu propio filtro, como non podía ser doutra forma. É o seu sétimo traballo discográfico, co que segue facendo evolucionar o particular son que a consagrou no máis alto.
Sés converteuse nunha das artistas de maior éxito na Galiza polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dúbida a levaron a gañarse un oco no público.

MORGAN
THE RIVER TOUR
Auditorio de Galicia
18 febreiro
20.30 h
Prezo: 14 €
Descontos do 50 %
Morgan volven aos escenarios coa súa xira The River Tour para presentar o seu terceiro traballo de estudo, titulado The River and the Stone.
Este novo álbum é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020 coa mesma filosofía de sempre: coller unhas cantas ideas e xogar para vestilas tratando de explorar un pouco máis os ambientes, conceptos e sons.
Tras case un ano de traballo viaxaron a Francia para gravar este álbum, resultado de moitas conversas, moitas horas de creación conxunta e, sobre todo, de gozar de facer música cos amigos.

LOS SECRETOS
GIRA 20/22. RECUPERANDO LAS EMOCIONES
Auditorio de Galicia
19 de febreiro
20.30 h
Prezo: 30, 35, 40 €
Entradas en ataquilla.com
Los Secretos presentan a xira 20/22, destinada a recuperar as emocións despois da pandemia. O grupo liderado por Álvaro Urquijo, achégase aos teatros de varias cidades cun show emocionante e tremendamente optimista.
Tras o confinamento, no que a banda traballou desde a casa e cederon as súas cancións para ser interpretadas xunto a multitude de artistas, a xira chega nun momento doce para Los Secretos.
Farán un recorrido polos temas máis emblemáticos do grupo como son Déjame, Pero a tu lado ou La calle del olvido así como cancións máis recentes, e pretenden ser un crisol de emocións nos que a xente poida sentirse identificada.

MANEL
Auditorio de Galicia
5 marzo
20.30 h
Prezo: 14 €
Descontos do 50 %
Tras alcanzar o número 1 da Lista Oficial de Ventas con Per la bona gent e converterse no único grupo en logralo en catro ocasións consecutivas con discos cantados en catalán, Guillem Gisbert, Martí Maymó, Roger Padilla e Arnau Vallvé chegan agora con L’amant malalta.
Producido polo neoiorquino Jake Aron é máis (moito máis) que un apéndice da súa aposta -sempre arriscada e radicalmente contemporánea- pola combinación de tradición e electrónica: é un paso adiante que amplía as fronteiras do seu pop aberto ao hip hop, o R&B, os sintetizadores e todo aquilo que poidas imaxinar.

UXÍA E JAVIER RUIBAL
DE TU CASA A LA MÍA
Auditorio de Galicia
19 marzo
20.30 h
Prezo: 14 €
Descontos do 50 %
De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores.
Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando a irmandade norte-sur e a proximidade de espírito e de ideais; poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, «tender pontes da túa casa á miña» sobre os versos e a alma de dúas figuras universais.

ENRIC MONTEFUSCO
VIAJE AL CENTRO DE UN IDIOTA
Auditorio de Galicia
1 abril
20.30 h
Prezo: 14 €
Descontos do 50 %
Unha viaxe escénica, poética e musical cara o abismo da perda da identidade, da razón e da moral. Atravesar a sombra como camiño ineludible e o sacrificio como acto artístico por excelencia. En tempos de profunda revisión persoal e social… que queda cando non queda nada?
Enric Montefusco, despois de rodearse nos seus últimos espectáculos dos artistas máis inquedos e innovadores, volve cruzar a liña que separa a música das artes escénicas para protagonizar a súa proposta máis poética e radicalmente íntima. Faino acompañado de Xavier Bobés, que traballa desde hai máis de quince anos cos obxectos e o seu simbolismo.

MERCEDES PEÓN
OSMOSE
Auditorio de Galicia
23 abril
20.30 h
Prezo: 14 €
Descontos do 50 %
Mercedes Peón, preséntanos un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva con imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos incorporados á produción. Corpos sen xénero distribuídos no binarismo de poder e subalternidade.
Osmose dilúe os límites binarios entre a música e a performance. Unha peza atravesada pola obra Nación de Margarita Ledo, en diálogo coa intervención audiovisual e dirección escénica de Peque Varela e co traballo lumínico de Laura Iturralde.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.