fbpx

Concerto Mon Band

When:
22 Xaneiro, 2022 @ 9:00 p.m. – 11:45 p.m.
2022-01-22T21:00:00+01:00
2022-01-22T23:45:00+01:00
Where:
Eme Music Club-Santiago
Alfredo Brañas
19, Sótano
15702

Mon Band retoma en 2022 e da mano da plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, Vibra Mahou, a súa primeira xira con cinco concertos en Galicia. A presentación do seu primeiro traballo, Juguemos a tenerlo todo, non puido celebrarse nas datas previstas como consecuencia das restricións aplicadas a causa da crise sanitaria da Covid-19.

A banda actuará na sala Eme Music Club de Santiago de Compostela o 22 de xaneiro.

Mon Band é o último proxecto do músico vigués Mon Cancela, ex líder do grupo Lombardi. Tras meses de intenso traballo e largas horas de estudio e ensaios, ofrece, xunto co resto de componentes da banda -o baixista Javi Pacheco e o batería Sergio Martínez- a xira galega de Juguemos a tenerlo todo, un traballo grabado nos estudios Estereoarte de Vigo e publicado en 2019, aunque a súa presentación veuse posposta ata agora debido á pandemia. Mon Cancela contou con Luis Antelo como productor musical e con colaboracións de artistas como Iván Ferreiro para o tema Química brutal, que conta con máis de medio millón de visitas en Spotify, ou Eladio Santos, quen interpreta xunto a el o tema que da título ao álbum.