fbpx

CONCERTO DE NOEL MCKAY

When:
7 Xullo, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-07-07T21:00:00+02:00
2022-07-07T21:15:00+02:00
Where:
Sala Riquela
Cost:
Desde 5 €

Creador de cancións e escultor de instrumentos. Cantante de contos que viaxa internacionalmente. Estudante de bioloxía molecular. Criado en Lubbock e Texas Hill Country, Noel McKay é un compositor/artista cuxas cancións teno levado polos Estados Unidos e arredor do mundo.

En 1993 foi descuberto pola lenda da composición Guy Clark mentres interpretaba as súas cancións en Kerrville, Texas. A titoría de Clark ten sido unha compoñente clave do éxito de Noel, con cancións grabadas por Guy, Sunny Sweeney, Sarah Borges e outros.

Na década dos 2000, Noel tivo varios éxitos a nivel rexional en todo o estado de Texas, a carón do seu irmán Hollin McKay na banda McKay Brothers. Esas cancións seguen a disfrutar dunha ampla difusión nas estacións de radio texanas e na radio por satélite.

Actualmente pódese atopar a Noel tocando as súas cancións para oíntes astutos en lugares espallados por todo Estados Unidos.

Ademais de escribir en solitario, Noel coescribiu cancións con grandes figuras como Guy Clark, Richard Dobson, David Olney, John Scott Sherrill, Shawn Camp entre outros outros. Brennen Leigh tamén uniuse a Noel nos últimos anos coma socio de composición e socio do dúo artístico McKay & Leigh, obtendo gran recoñecemento.