Concerto de León Benavente
León Benavente naceu en 2012 da unión dalgúns dos músicos máis recoñecidos e veteranos do panorama nacional; Abraham Boba (voz e teclados), Eduardo Baos (baixo e sintetizadores) Luis Rodríguez (guitarra) e César Verdú (batería). Co seu primeiro disco homónimo, León Benavente (Marxophone, 2013), necesitaron moi pouco tempo para colocarse nas carteleiras dos principais festivais e encher os locais do noso país, ademais de cruzar o charco.
En abril de 2016 saíu o seu segundo disco, 2, un traballo co que percorreron durante un ano o país, ademais de tocar en varias ocasións por Latinoamérica, e co que se consolidaron como a banda cun dos os mellores directos do país. O mesmo pasou con “Vamos a volvernos locos”, disco co que entraron no número 1 de iTunes o día do seu lanzamento, sendo esa mesma semana o segundo disco máis vendido do país. O mes da publicación deste novo traballo iniciaron unha intensa xira que os levou a encher as salas e coa que tamén viaxaron a México e Portugal.
Agora anuncian que o 21 de xaneiro sairá o seu cuarto disco, “Era” e xa coñecemos o seu primeiro adianto, “Líbrame del mal”, unha canción que dá algunhas pistas sobre cales serán os novos ritmos do agardado novo disco do grupo.