fbpx

Colapsoloxías

When:
2 Xullo, 2021 – 15 Agosto, 2021 all-day
2021-07-02T00:00:00+02:00
2021-08-16T00:00:00+02:00
Where:
Auditorio de Galicia, Santiago
Cost:
Free

O Colectivo Colapso organiza o evento ‘Colapsoloxías’. Trátase dunha residencia colectiva centrada na experimentación e na creación sonora, que se celebrará do 2 de xullo ao 15 de agosto no Auditorio de Galicia e espazos exteriores da cidade.

A vocación de Colapsoloxías é tecer unha rede de intercambio con diferentes proxectos e artistas que entenden a música e a creación dunha perspectiva crítica afín ás dinámicas de traballo de Colapso Colectivo. Ao mesmo tempo busca fomentar a colaboración e o intercambio entre as persoas artistas participantes e axentes locais.

36 propostas organizadas en catro sección
Colapsoloxías articúlase en base a catro pilares:

1. Concertos e Dj set que xiran ao redor de propostas pouco frecuentes na programación da cidade e que se fusionarán con proxectos de membros do colectivo. Poderemos escoitar a Ben Bertrand, Tarta Relena, Elvin Brandhi, Enrique del Castillo, Accident du Travail, Ep64 ou Dj Marcelle, entre otros.

2. CoLabs: laboratorios de experimentación e creación ao redor do sonoro en dous formatos; residencia de creación aberta á participación de colaboradorxs para o desenvolvemento dun proxecto, ou sesións en formato obradoiro introdutorio. Serán con Sonoscopia, Paula Pin, Mateo Mena ou Dub Mono Hifi.

3. Escoitas circulares: presentacións de proxectos e colectivos centrados na escoita. Con Fundación Phonos, edicións Capablanca, Favela Discos, Festival Tsonami, Manuel Prieto ou Yago Portela, entre outros.

4. Roteiros: andainas que se centran na relación coa paisaxe sonora facendo especial fincapé na ecoloxía urbana en relación ás aves, os insectos, os morcegos e o río.

En total, 36 eventos: 20 concertos e Dj set, 5 CoLabs, 6 escoitas circulares e 4 roteiros.

Colapso Colectivo
Colapso Colectivo é un punto de encontro para persoas artistas e afeccionadas á arte sonora e visual. O seu obxectivo é dar visibilidade a propostas pouco convencionais, apoiando a realización e presentación de proxectos artísticos arriscados, facilitando o diálogo entre creadores e espazos e incidindo na importancia do seu rol nos procesos de transformación social.

Colapso colectivo intégrase como unha liña de acción colaborativa da Asociación Extramundi, rede profesional multidisciplinar encamiñada a xerar procesos de equidade social a través da construción de sociedades máis inclusivas e diversas (hábitats máis humanos). Froito deste enfoque, na curadoría de Colapsoloxías intégranse de xeito transversal no deseño e desenvolvemento da proposta a perspectiva de xénero, a medioambiental e accións que favorezan a accesibilidade á cultura.