fbpx

AmesON de verán 2022

When:
19 Setembro, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-09-19T21:00:00+02:00
2022-09-19T21:15:00+02:00
Where:
Parque do Ameneiral, Pazo da Peregrina-Praza de Manuel Murguía
Bertamiráns-Milladoiro

Volve por terceiro ano consecutivo o programa “AmesON de verán” con música para todos os gustos e idades durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O programa está composto por 13 actuacións musicais dirixidas a adultos e nenos/as. Actuarán o coro Son Elas; o grupo Club Naval; Eva & Camilo; Ruth Cundíns; Habana Café Son; MJ Pérez; Cé Orquestra Pantasma: Marifaltri; Jinetes del Trópico; Tinta; As Maianas; Pili Pampín; e maila orquestra Panorama, que pechará o cartel o domingo, 18 de setembro, no Milladoiro.

Os concertos realizaranse no parque do Ameneiral e no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Promoción Económica para dinamizar o sector comercial durante este verán.

Programación do AmesON de verán

A programación comeza o mércores, 22 de xuño, ás 21.00 horas, coa actuación do coro Son Elas no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Seguiralle, o mércores 29 de xuño, tamén ás 21.00 horas, a actuación do grupo Club Naval, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro.

Para o mes de xullo están previstas tres actuacións. O venres,15 de xullo, ás 21.00 horas, actuarán na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, o dúo Eva e Camilo. O sábado 23 de xullo, ás 22.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, será a quenda de Ruth Cundíns, que ofrecerá o espectáculo musical e solidario “Puedes llegar”, a través do cal pretende visibilizar desde a música e a arte a enfermidade de Dent. Para o venres, 29 de xullo, ás 21.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, queda a actuación de Habana Café Son.

En agosto haberá sete actuacións. A primeira será o domingo, 7 de agosto, ás 21.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Neste caso a cargo da artista MJ Pérez, que é unha das mellores voces do panorama actual da música galega.

Programación infantil/familiar

Ademais, en agosto haberá dúas actuacións pensadas para os nenos e nenas de Ames. Deste xeito, o luns 8 de agosto, ás 19.30 horas, a praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, acollerá a actuación da Cé Orquestra Pantasma. O día seguinte, o martes, 9 de agosto, tamén ás 19.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, actuará Marifaltri.

A programación continúa en agosto o sábado 13, ás 21.00 horas, coa actuación de Jinetes del Trópico no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O día seguinte, o domingo 14 de agosto, ás 21.00 horas, actuará o grupo Tinta, tamén no parque do Ameneiral. O venres, 19 de agosto, ás 21.00 horas, As Maianas ofrecerán un concerto na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. O mes de agosto pecharase o venres 26, ás 21.00 horas, coa actuación da artista Pili Pampín, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

Actuación da Panorama e dos/as gañadores do concurso Canta con Ames

O cartel do AmesON de verán 2022 pecharase o domingo, 19 de setembro, ás 19.00 horas, coa actuación no Milladoiro da orquestra Panorama. Previamente á actuación da Panorama, como abreconcerto, actuarán os/as gañadores/as do concurso Canta con Ames que se vai desenvolver durante os meses de xullo e agosto.