fbpx

AmesON

When:
19 Xuño, 2021 – 3 Setembro, 2021 all-day
2021-06-19T00:00:00+02:00
2021-09-04T00:00:00+02:00
Where:
Prazas de Manuel Murguía e da Madalena, no Milladoiro, e no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

14 actuacións musicais compoñen o programa “AmesON” co que, a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Cómpre salientar que moitos e moitas das artistas que desfilarán polo AmesON son veciños e veciñas de Ames.

Dará comezo o sábado 19 de xuño coa actuación de Sond de Caracas no Milladoiro, ás 20.00 horas. A programación espallarase polas prazas de Manuel Murguía e da Madalena, no Milladoiro, e no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Coma novidade, nesta edición haberá unha Festa Latina que homenaxeará a Cuba, o sábado 17 de xullo.  O programa pecharase o 3 de setembro coa actuación da París de Noia cos gañadores do concurso “Canta con Ames” como teloneiros. Todas as actuacións comezarán ás 20.00 horas.

PROGRAMA

Xuño

O “AmesON” comezará o sábado 19 de xuño coa actuación de Sond de Caracas, na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. O venres 25 de xuño, o Parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá ao grupo Os Piñeiros Band.

Xullo

A programación de xullo comeza o venres 9 con The Goonies, no Milladoiro. O sábado 17 levarase a cabo a primeira edición da Festa Latina que homenaxeará Cuba. Celebrarase no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns,

Ellas Son actuará no Milladoiro o venres 23 e Samco, o xoves 29. Ambas actuacións serán na Praza de Manuel Murgía.

O sábado 31 de xullo, na Praza da Madalena, Xosé Costela Grupo pechará os eventos de xullo.

Agosto

O domingo 1, o grupo Son de Tres, estará no Milladoiro e, o mércores 4, Nerea&Chocolate, en Bertamiráns.

O xoves 5, en Bertamiráns, celebrarase a Fase Festa con Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz.

Aires de Orino estará o domingo 8 e Virtual Projet, o sábado 28, no Parque do Aemeneiral.

Setembro

O último mes do AmesOn péchase coa actuación da Orquesta París de Noia, que este ano introduce no seu espectáculo 15 minutos de cancións infantís. Ademais, recordará a cantantes de todos os estilos musicais para todos o gusto e idades. Como teleneiros, actuarán os gañadores da primeira edición do concurso de karaoke “Canta con Ames”.