fbpx

Ames Jazz 2022

When:
2 Xullo, 2022 @ 8:00 p.m.
2022-07-02T20:00:00+02:00
2022-07-02T20:15:00+02:00
Where:
Pazo da Peregrina, Bertamiráns

O encontro Ames Jazz cumpre neste 2022 cinco anos, estendendo a súa programación a dous días e incorporando aos habituais concertos dúas proxeccións de películas relacionadas con este xénero musical.

O festival desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e nos seus exteriores, o venres 1 e o sábado 2 de xullo, con actuacións de Límbico e Xacobe Martínez Antelo Quinteto.

Ademais, proxectaranse os documentais “Thelonious Monk: Straight, No Chaser” e “Keith Jarrett: The Art of Improvisation”. En caso de choiva o Encontro trasladarase ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.