fbpx

A vida en Rosa de Pere Planells

When:
4 Setembro, 2021 – 2 Outubro, 2021 all-day
2021-09-04T00:00:00+02:00
2021-10-03T00:00:00+02:00
Where:
Os Catro Gatos - Rúa das Rodas, 13 Santiago

Para esta exposición de Santiago de Compostela, a obra que Pere Planells presenta, nútrese dunha selección de coleccións recentes. Axuntadas baixo o epígrafe cupular de «A vida en Rosa», todas forman parte do seu cartulario de meditacións.
Abstraccións, ensimesmamentos que teñen na súa compañeira Rosa a paleta das suites, unha e outra vez re-visitadas. O resultado é unha conxunción de espazos que acollen complicidades, que realimentan o pensamento, que mesturan sensibilidades, e que, en definitiva, anudan unha nova conciencia autoral.
No seu taller de traballo, a alquimia estética de Pere Planells utiliza formulacións e xestos sinxelos, impulsos dinámicos verteduras sobre mansas superficies de cartón. Trátase dun material natural de traballo que permite intervencións arraigadas e arriscadas sobre unha materia liviá, deparando en ocasións táboas e lenzos semellantes ao branco cal, que afunde as súas raíces seculares nas paredes das rúas natais que unha vez foron as galeradas dos seus soños. Con esta bagaxe, as súas obras teñen veos sutís, foulares envolventes, cos que o autor persegue e consegue -ao meu entender- ofrecer unha obra viva e introspectiva. A mirada propia, fundida coa do outro, exerce esa pátina de meditación que proclama a obra aquí recreada. A mirada analítica e do goce, como unha cesura no cotián, cronoloxía dun tempo reclamado ao iris anónimo que mira cara ao exterior e reflicte esa mirada nos seus arcanos interiores.
A obra de Pere Planells devén zaguán de entrada a paisaxes tectónicos, a coadas sobrias, a xestos precisos, uns e outros delineados desde unha serena reflexión, avivando aquela emoción que viaxa sobre tempos e sensibilidades, tantas veces desatendidos, a bordo dunha alba nave calafateada de aire e sal.