fbpx

A Peste-Centro Dramático Galego

When:
20 Xaneiro, 2022 @ 8:00 p.m. – 9:30 p.m.
2022-01-20T20:00:00+01:00
2022-01-20T21:30:00+01:00
Where:
Salón Teatro
Rúa Nova
34, Santiago de Compostela
15705
Cost:
6€

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crises.

A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, en como se enfrontan á praga e búscanlle un sentido á súa situación: primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que a conseguen controlar e desaparece. O pobo celebra con alegría o fin da peste, salvo o doutor  Rieux que, tras o sacrificio  fútil e a perda de seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.