fbpx

1888. A señorita Xulia

When:
28 Xullo, 2022 @ 8:00 p.m. – 9:30 p.m.
2022-07-28T20:00:00+02:00
2022-07-28T21:30:00+02:00
Where:
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora
Cost:
Free

Este novo festival convídanos en 2022 á representación teatral 1888. A señorita Xulia, unha adaptación do clásico de August Strindberg de 1888 a cargo de Estudo Momento.

En 1888 August Strindberg estreaba Señorita Xulia (en sueco, Fröken Julie), unha obra de teatro expresionista que trata as clases sociais, o amor, a luxuria e a batalla dos sexos cun forte toque de determinismo. Hoxe as súas brutais palabras seguen resonando nos nosos ouvidos. Era o autor o misóxino de que todos falan ou un feminista encuberto?

Tras o éxito de 1879. Casa de Bonecas, Premio Luísa Villalta pola Igualdade en 2018, Estudo Momento volve demostrar o seu compromiso co feminismo, rescatando un clásico para seguir afondando na ardua tarefa de construír un futuro mellor, no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por si propias.