fbpx

13ª Outono Códax

When:
3 Novembro, 2023 – 25 Novembro, 2023 all-day
2023-11-03T00:00:00+01:00
2023-11-26T00:00:00+01:00
Where:
Riquela Club e Sala Capitol
Santiago de Compostela

Tres grandes figuras da música negra, habituais nos mellores festivais do mundo de blues e de soul, encabezan a 13ª edición do Outono Códax. A presenza en Santiago de Pokey Lafarge, Nick Waterhouse e Nikki Hill nesta edición do festival, que se celebrará do 3 ao 25 de novembro, reafírmao como a incuestionable gran referencia do xénero. «Calquera deses tres artistas tería sido un gran cabeza de cartel único da súa edición. O que nunca pensamos era poder contar cos tres no mesmo ano», explican dende a organización do festival, testemuñando o carácter cada vez máis ambicioso desta cita musical.

Entre as novidades desta edición do Outono Códax destaca o feito de trasladar actividades paralelas e un dos seus concertos a Madrid (o de Sarah Shook & The Disarmers, que se celebrará o 7 de novembro na sala Clamores), como unha primeira aproximación para poñer en valor a programación do festival e expandir a súa notoriedade.

O resto dos concertos terán por escenario a Sala Capitol e o Riquela Club de Santiago. A Capitol acollerá, de feito, outra novidade do festival, como é a emisión en directo, o xoves 23 de novembro, do programa «El sótano», de Radio 3, que dirixe e presenta Diego RJ.

Na vertente musical, ademáis de Pokey LaFarge, Nick Waterhouse y Nikki Hill, sobresae a presenza de Sunny War. A aclamada cantautora norteamericana de bluegrass será a encargada de abrir o Outono Códax o 3 de novembro. Outras presenzas a subliñar son as de figuras emerxentes do blues, o country e o soul como Dylan Leblanc –un múisco de Louisiana que xa foi calificado como «o novo Neil Young»— ou Kassi Valazza, artista de culto entre os novos cantautores de vangarda norteamericanos.

A presenza galega no festival confórmana Momboi e The Bo Derecks, que compartirán xornada, respectivamente, con Pokey LaFarge (4 de novembro) e Nikki Hill (24 de novembro)

Así pois, un ano máis e baixo o patrocinio, co apoio e colaboración de Bodegas Martín Códax , o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con once citas en Santiago de Compostela, ás que hai que sumar unha máis en Madrid, nas que volve reunir exquisitos representates do soul, jazz, swing ou blues a través dunha coidada programación na que, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas de referencia internacional –algúns dos cales actúan por primeira vez en Galicia, unha representación do blues e do rock español –como é o caso de Kamikaze Helmets- e dúas bandas galegas representativas do panorama actual.

A programación do Outono Códax 2023 completarase coma sempre cunha ampla programación de actividades paralelas que se dará a coñecer nas vindeiras semanas.

ENTRADAS E ABONO

Os abonos e as entradas estarán a venda en Santiago en A Reixa Tenda-Matrioska e a través de ataquilla.com a partir de hoxe, mércores 6 de setembro.

O prezo do abono para os 4 concertos da sala Capitol é de 49 euros (máis gastos de xestión), para os 50 primeiros compradores, y de 59 euros (+gx) para o resto.

As entradas por día para os concertos da Capitol terán un prezo de 19 euros (+gx) en venda anticipada e 22 euros (+gx) na billeteira.

As entradas por día para os concertos que se celebren no Riquela Club terán un prezo de 15 euros (+gx) en venda anticipada e 17 euros (+gx) na billeteira.

As entradas para o concerto de Sarah Shook & The Disarmers na Sala Clamores de Madrid están a venta na web www.dice.fm. Enlace: https://bit.ly/3LbTfse

Además de en Compostela, as entradas tamén estarán á venda en Bonus Track (Ourense), Rock Box (A Coruña), Elepé Honky Tonk (Vigo) e Carnaby (Pontevedra).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.