fbpx

10 anos, 10 autores, 10 libros

When:
15 Outubro, 2021 @ 7:00 p.m. – 8:30 p.m.
2021-10-15T19:00:00+02:00
2021-10-15T20:30:00+02:00
Where:
Biblioteca de Galicia - Cidade da Cultura de Galicia
Fina Casalderrey.
A Biblioteca de Galicia reinicia en setembro a programación coa que celebra o seu décimo aniversario. Esta semana volve poñer en marcha o ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros, deseñado co obxectivo de que algunhas das nosas voces narradoras máis representativas compartan co público as súas suxestións literarias.
A primeira cita será este venres 3 ás 19,00 horas coa autora Final Casalderrey. De novo na compaña doutras persoas relevantes da nosa cultura, as autoras e autores que participarán nestas novas sesións seleccionarán un título da nosa literatura que servirá de fío condutor dunhas conversas únicas e persoais. A súa charla terá como referencia Retrincos, a colección de cinco relatos autobiográficos de Castelao que Fina Casalderrey recoñece como un dos referentes na súa traxectoria literaria e persoal.

O ciclo continuará ata o mes de outubro coas intervencións de Pedro Feijoo (o 17 de setembro), Héctor Castiñeira (o 1 de outubro), Andrea Maceiras (15 de outubro) e Juan Tallón (o 29 de outubro) até completar a nómina dos dez participantes nestas xornadas que abriron no mes de xaneiro con Arantza Portabales, Ledicia Costas, Domingo Villar, María Solar e María Canosa.

Da súa man, as persoas asistentes descubrirán outras cinco pezas da nosa literatura que marcaron a súa traxectoria e que se suman ás exploradas nas sesións anteriores, como Que me queres amor?, (Manolo Rivas), Cartas de inverno (Agustín Fernández Paz), Cousas(Castelao), O misterio das badaladas (Xavier P. Docampo) e Berta non soubo voar (Concha Blanco). As obras seleccionadas para cada sesión iranse desvelando días antes de que teñan lugar cada un dos encontros, todos eles ás 19,00 horas na Biblioteca de Galicia.

As entradas dispoñibles para estas actividades serán de balde previa inscrición na web da Cidade da Cultura. Todos os eventos retransmitiranse en streaming na canle de Youtube da Cidade da Cultura.