fbpx

Axenda

Abr
23
Sáb
EXPOSICIÓN “CHICLES”
Abr 23 – Mai 21 all-day

O próximo Sábado 23 de Abril inaugúrase “CHICLES” da artista María Magán Lampón no espazo Os Catro Gatos “CHICLES” é unha proposta pictórica que explora o mundo dos desexos, da cultura popular e do mal gusto cunha estética coidada. A inauguración terá lugar o Sábado 23 de Abril entre as 18:00 e as 21:00 horas e podrá visitarse ata o 21 de Maio no espazo compostelán.

Facía tempo que María Magán non inauguraba unha mostra individual, por manterse ocupada en varias facetas do seu eido profesional: docencia, coordinación da galería LA DOCE boirense, comisariados… pero iso non impediu que non deixara de facer producción artística propia.

Un dos seus últimos traballos é “CHICLES” a serie que se inaugura en Os Catro Gatos e foi presentada no 2019 en Hybrid Art Fair. Nela, a artista trata de retomar os medios pictóricos tradicionais para explorar as formas, luces, transparencias… en obxectos de dudoso gusto. Seguindo unha liña de traballo pop, as imaxes parten de profilácticos para resignificalos no marco simbólico do lenzo a modo de chicles masticados ou mesmo globos de chicle.

Trátase dunha mirada que parte da idea de xogo en torno ao pracer sexual con obxetos sacados de contexto e interpretados en clave de humor, como excusa para crear metáforas visuais na búsqueda de similitudes morfolóxicas e gustativas.