fbpx
CompostelaEntrevistas

Xiana Lastra: “Debería ser o momento de revisar moitas cousas que non están ben como o IVE cultural”

Xiana (primeira pola esqueda) e o resto da Banda da Loba. Foto: PixelinPhoto

Xiana é, ademais de cantante do grupo A Banda da Loba e colaboradora habitual de Pincha, a actual presidenta da Asociación Músicas ao Vivo. Con ela mantemos a segunda das nosas 'Entrevistas na corentena', postas en marcha por Pincha neste período de confinamento na casa por mor da crise sanitaria do Covid-19.

A pandemia pillou á banda en pleno lanzamento do seu segundo disco, ‘Fábrica de Luz’. Lastra explícanos nesta entrevista como seguen en contacto cos seus seguidores a través das redes e como continúan creando cancións aproveitando o encerro.

A corentena chegou tamén no momento de escoller candidatos aos Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas ao Vivo. Mais que pasará coa gala de entrega dos galardóns? Xiana cóntanos as últimas novas.

Pero sobre todo nesta entrevista dialogamos sobre como afecta ao sector musical galego a corentena. “A situación dos músicos e das músicas é complicada porque non temos un marco legal a nivel laboral que favoreza un traballo intermitente como o noso. E se a iso lle sumas que non imos ter ningún tipo de actividade durante varios meses é moi grave”, sinala. Por iso, na Asociación que preside xa están a traballar para tratar de buscar solucións. Unhas medidas que, na súa opinión, terían que servir para agora e sempre. “Debería ser o momento de revisar moitas cousas que non están ben como o IVE cultural”, sostén.

Se queres ver a conversa enteira, dálle ao play no seguinte vídeo: