fbpx
EntrevistasGalicia

Xaneco: “Motívame mellorar os instrumentos tradicionais”

Xaneco Tubío é luthier. Aos 14 anos entrou en contacto coa música galega a través da gaita, desmontando logo os seus primeiros tambores “para ver como soaban”. Fillo de carpinteiro, seguiu a profesión de seu pai e no ano 1996 decidiu dedicarse en exclusiva á creación e recuperación de instrumentos musicais tradicionais galegos (pandeiretas, pandeiros, tambores, zanfonas...), investigando a nosa ampla cultura propia musical, fabricando con madeiras autóctonas e fomentando a economía circular. 

A continuación podes ver a ‘Entrevista con xeito' que fixemos con el, dentro do especial sobre artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.