fbpx

Xabier Artesanal: «Na natureza atopo materiais e inspiración para as miñas xoias»

Xabier Artesanal leva desde 2014 creando pezas de bixutería a man sen moldes, inspiradas nos diferentes elementos da natureza galega, con varias coleccións que podedes ver no catálogo da súa web. Francisco Javier Rodríguez Álvarez realiza todo o proceso desde o principio ata o final e utiliza tanto cores como motivos e materiais directamente vencellados coa nosa terra.

O seu proxecto conta co apoio da Fundación Pública Artesanía de Galicia, patrocinadora da nosa serie de 'Entrevistas con Xeito', nas que coñecemos como traballan moitos dos artesáns e artesás de Galicia que contan con esta marca.