Wok de tallaríns con verduras e langostinos no Flamingo

Por @JuanEAT_o

@JuanEAT_o no Flamingo. Foto: Iván Barreiro

No meu percorrido pola oferta gastronómica santiaguesa, tocoume esta vez visitar un bar de barrio, o Flamingo, un local no que ademais de comer ben, podes gozar con moi boa música. É un desde sitios onde fan que te sintas coma na casa. Non esperaba menos de Fran e de Andrés, aos que coñezo desde fai bastante tempo cando ningún dos tres peiteábamos canas! hahaha

Observando a carta podemos ver pratos para tódolos gustos e si, tamén para celíacos, vexetarianos e veganos. Pensan en todo estes rapaces! 😉 A opción que probei eu foi o wok de tallaríns con verduras e langostinos. Si, amigos, todo isto nun mesmo prato! Que gusto!

Primeiro teño que comentar que me sorprendeu moitísimo a cantidade, xa que é unha proposta que facilmente poderiamos compartir entre dúas persoas. Acompañado duns entrantes e algo de sobremesa, sería un menú máis que recomendable.

De sabor estaba moi rico. Iso si, eu elexín a opción con picante. E está forte. Se non acostumades a comer este tipo de comidas, mellor optade pola versión sen el. De feito, eu penso volver para probalo, porque aínda que son un amante das cousas fortes, ás veces neutralizan outros sabores e teño ganas de saber con cal me quedaría.

De entre todos os ingredientes que leva (cebola, pemento verde e pemento roxo, setas shiitake, setas portobello…), a min caéuseme a baba coa cabaza. Boísima! Respecto aos tallaríns, e aínda que eu non son ningún experto en pasta, penso que estaban no seu punto perfecto de cocción. E que dicir dos langostinos! Eran grandes e moi saborosos. Como debe ser. Teño que dicirvos, ademais, que tamén podedes pedilo sen eles, por un prezo algo máis baixo (12 euros).

En resumo, para min este foi un xantar fantástico, cun prato que non deixa indiferente a ninguén. E que teño ganas de volver a tomar.

DATOS

Lugar: Alejandro Pérez Lugín, 11 (Santiago)

Prato: Wok de tallaríns con verduras e langostinos

Prezo: 13,50 €

Valoración: 9 estrelas

Fotografías: Iván Barreiro