fbpx

Volve o ciclo Maridaxes Sonoras do Riquela

O ciclo Maridaxes Sonoras do Riquela volve cunha proposta musical acercando a Compostela a mellor mixtura de músicas urbanas a e músicas tradicionais.

O programa de Maridaxes Sonoras #1 comeza con notas de Nova Orleans da man dun artista galego asentado na cidade de Luisiana, Carlos Childe coa súa banda o completo.

Ryder the Eagle é o segundo dos concertos; unha especie de polifacético crooner francés que define o seu espectáculo da seguinte forma: “Xiro só. Canto, toco a guitarra eléctrica, teño unha caixa de ritmos e bailo e toco solos de guitarra por todo o local. Un espectáculo moi entretido, estupendo, sexy e emocional. ¿Non vos convencín?”

Para completar este primeiro ciclo Maridaxes Sonoras contarán cun artista de Nashville que compuxo temas para artistas como Guy Clark, Richard Dobson ou David Olney. Noel McKay representa a Nashville na súa versión máis autoral cunha longa carreira de concertos por todo o mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.