Vedra celebra o seu concurso de tapas nas próximas dúas fins de semana

O concello de Vedra, en colaboración cos establecementos socios de Tabernas do Ulla, presentou este martes a edición anual do roteiro concurso Vedra de Tapas.

O Fogar do avó, na Susana, foi o lugar elixido para dar a coñecer os lugares e as tapas que participaran este ano. Serán 10 locais que ofrecerán 20 tapas distintas a un prezo de 2 euros, 3,50 euros no caso de querer acompañar a tapa cunha copa de albariño das adegas locais.

‘Vedra de tapas’ deixa en mans dos clientes a selección do gañador. Disporán dunhas cartillas nas que ir puntuando cada tapa; os locais selarán as cartillas para que, cando teñan un mínimo de cinco locais visitados, entrar no concurso de distintos agasallos. As papeletas terán que estar depositadas o domingo 13 de outubro de 2019 ás 23:00 h. como data tope para participar.

Agasallos

As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:

  • 3 lotes de produtos locais.
  • 2 tarxetas regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello.

As cartillas con selos de como mínimo 7 establecementos participarán nos sorteos de:

  • Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
  • Unha circuíto termal para dúas persoas con almorzo incluído.

As cartillas con todos os selos dos establecementos participantes entrarán no sorteo de 300 €.

Os grupos tamén teñen premio por participar. Terán que ser un mínimo de cinco persoas que envíen unha foto mentres fan o ‘Vedra de Tapas’. Enviarana ao correo casadospeons@concellodevedra.com , pasará un filtro de valoración e, se é admitida, subirase ao Facebook do concello de Vedra.

A foto máis votada gañará 20 tapas e 10 consumicións no establecemento gañador da mellor tapa no Vedra de Tapas 2019.

Os establecementos

  • No Vedra de Tapas 2019 participan os seguintes locais coas seguintes tapas:
  • Restaurante Vitoria: Fricandó de tenreira con champiñóns e Luriña ao Pedro Ximénez
  • Taberna Mosqueiro (Domingos non terá tapas): Fabada de Lourdes e Torta de Ana
  • Café Bar O Rancho: Pataca ao rancho con crocante de allo porro e Volován con pisto de ovo de paspallás e anchoa
  • A Taberna Do Ferrador: O caldo do Ferrador e O viño da taberna
  • Café Bar A Dorna (Horario das tapas: só de 21:00 a 00:00 hora: Bacallau ó forno e Cazola de xarrete asado
  • Café Bar O Pilón: Matrimonio de anchoa e bocarte e Potaxe de garavanzos con bacallau
  • Café Bar O Candil: Fabas con ameixas e polbo e Torta de queixo con froitos do bosque
  • Bar Vinoteca A Vosa Casa: Fricasé de polo e Faixiña picante con piña
  • O Fogar Do Avó: Croca con salsa de froitos vermellos e Caprichos da Gándara
  • Taberna Do Souto: Pochas á Taberna do Souto e Roliño de filloa rechea

Salvo as excepcións os horarios serán os seguintes:

Venres 4: de 21.00h a 00.00h

Sábado 5: de 13.00h a 15.00h e de de 21.00h a 00.00h

Domingo 6: de 13.00h a 15.00h

Venres 11: de 21.00h a 00.00h

Sábado 12: de 13.00h a 15.00h e de 21.00h a 00.00h

Domingo 13: de 13.00h a 15.00h