Vasiños de Chocolate e Améndoa

Por Vicky Morales de Taller de Azúcar

Ingredientes para 6 cuncas ou 4 mini –moldes:

200 gr. chocolate negro picado.

100 gr. de manteiga  sen sal.

2 ovos.

2 xemas.

50 gr. de azucre.

45 gr. de améndoa moída.

Preparación:

Prequenta o forno a 180º.

Derrite o chocolate uns segundos no micro.

Derrete noutro bol a manteiga e mestura co chocolate ata que se integren.

Bate os ovos, as xemas e o azucre ata que dobren o seu volume e branqueen.

Verte o chocolate sobre os ovos montados e mestura con coidado.

Engade a améndoa e mestura.

Engraxa os moldes con manteiga e améndoa moída, refugando o exceso desta.

Verte a mestura nos moldes, enchendo 3/4 partes.

Enforna 10 m. a 180º

Decora cuns froitos vermellos, unhas follas de menta ou con crocante de améndoa.

Sirve morno.

 

Nota: para aforrar tempo, podes preparar a mestura con antelación e enfornar a última hora. Ou ata cocer no microondas (só 3-4 minutos).