Tosta e Tostiña, parada doce

Hoxe visitamos "Tosta e Tostiña", unha das cafeterías más coñecidas de Compostela en canto a larpeirada se refire. Nada en 2013 da man de Belén, desde entón é un lugar de parada obrigada para gozar dunha ampla variedade de doces e bebidas para acompañar. Por algo é un local que nunca falta nas guías dos lugares de Compostela máis recomendados para amantes do doce.

Como xa estamos en primavera, desta volta quixemos acompañar a torta da nosa merenda con algo refrescante. Para iso "Tosta e Tostiña" ofrécenos unha carta con batidos e smoothies naturais de froitas e verduras, ademais de frappes. Para a ocasión eliximos un batido de laranxa e limón -presentado nun divertido vaso- e o batido "Green", cuxo sabor sorprende. É un batido de recente creación a base de espinacas combinadas con mango, plátano, mazá, acerola (unha especie de cereixa), té verde, xenxibre e col. A mestura é curiosa á par que deliciosa e refrescante. Xenial para vegáns e seguidores das verduriñas en xeral.

En canto aos doces, ademais das clásicas carrot cake, red velvet -hai xente que visita "Tosta e Tostiña" expresamente para probar esta torta- ou tarta de Oreo, tamén podemos atopar orixinais propostas como a torta de colibrí, chocolate e plátano, guinnes, café e noces ou té matcha.

Se non queremos torta, outras variedades de doces para as nosas tardes son o biscoito de iogurt e fresas, brownies ou galletas caseiras, desas ideais para compartir. E por suposto, para os días de máis calor, podemos tomar xeados.

Todo é artesanal, feito no propio obradoiro da cafetería, "aquí e no momento", tal como nos di o equipo de "Tosta e Tostiña".  Ademais, traballan con produtos naturais, sen conservantes.

En canto ao ambiente, "Tosta e Tostiña" é desos lugares que nos gustan especialmente: pequeno e cunha decoración con cor e amable, con detalles encantadores que invitan a estar a gusto.

É un sitio moi frecuentado por xente nova e estudantes, posiblemente pola súa cercanía á zona universitaria. De feito, durante o curso escolar é cando máis xente recibe desde pola mañá para o almorzo ata última hora da tarde, grazas tamén aos packs especiais de almorzo e merenda que se ofertan.

Tamén é un punto de encontro para familias con nenos. As cores e as larpeiradas invitan a levar aos nosos pequenos para pasar a tarde.

Para rematar, preguntamos ao equipo de "Tosta e Tostiña" por que nos recomendarían visitarlles: "porque é un lugar bonito, acolledor e sempre con produto fresco". Apuntamos 😉

Ah! E se esta primavera ou verán tedes unha boda, comunión ou calquer evento familiar, non esquezades que en "Tosta e Tostiña" deseñan mesas doces para o voso encontro.

DATOS

Tosta e Tostiña

Avda. de A Coruña, 3 baixo esquerda. Santiago de Compostela

881 25 63 77

tostasandlove@gmail.com