fbpx
CompostelaNovas

Talleres, catas e degustacións no Espazo Gastro de Momentos Alhambra do Mercado de Abastos

Lucía Freitas, durante a súa intervención.

Esta mañá abriu as súas portas o “Espazo Gastro de Momentos Alhambra” no que durante os próximos 10 días todos os visitantes poderán vivir unha serie de experiencias únicas e irrepetibles con actividades relacionadas coa gastronomía e a cervexa.

A presentación desta mañá contou coa participación de Hugo Pérez, Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, e a Chef Alhambra Lucía Freitas do restaurante Lume, encargada de deseñar as tapas que se poderán degustar desde hoxe na Barra Gastro do Espazo.

Tal e como afirmou Hugo Pérez, “desde Cervexas Alhambra quixemos traer a Galicia, e en concreto a este histórico Mercado de Abastos de Santiago este concepto tan singular para que todos os visitantes saian vivindo unha experiencia gastronómica diferente, única e irrepetible; todo un reto e valéndonos do que nos ofrece unha rexión como a nosa: desde produtos de altísima calidade, os seus recoñecidos chefs e a súa experiencia neste campo”.

Pola súa banda, a Chef Alhambra Lucía Freitas, estará á fronte da Barra Gastro do Espazo e, tal e como afirmou esta mañá, “o meu equipo e eu, imos encargarnos de deseñar e preparar as tapas con produtos de tempada e, nalgúns casos, da miña propia horta, que cada día poderán degustar os visitantes e que, ademais, estarán maridadas cunha variedade diferente de Cervexas Alhambra, co obxectivo de descubrir novos sabores e combinacións”.

Horarios

O Espazo estará aberto do 15 ao 24 de novembro en horario de 12 h a 15 h e de 19 h a 23 h, os venres, sábados e domingos; e de 19 h a 23 h, de luns a xoves, co obxectivo de ofrecer Talleres de Cociña de Tempada, así como Talleres de Tiraxe, catas de cervexa e maridaxes nos que a orixe, a materia prima e a creación contemporánea serán os protagonistas.

Algúns dos mellores chefs galegos, principalmente locais, impartirán os Talleres de Cociña de Tempada, dunha hora de duración. Así, Jordi López, de Benedita Elisa (sábado 16); Álvaro Victoriano, do Peculiar da Coruña (domingo 17); Víctor Pumarega, de Nave 5 (venres 22 e sábado 23) e Kike Piñeiro e Eloy Cancela, da Horta d’Obradoiro (domingo 24) insistirán na importancia de parar para aprender, demostrando as súas artes culinarias no Espazo ao longo das dúas fins de semana de apertura. Serán encontros informais nos que se poderán redescubrir os matices de novas versións de coñecidos pratos a través dos sabores, as texturas e as historias que caracterizan a cada un deles. Todos os talleres serán ás 13:30 horas, excepto o venres 22 que se desenvolverá ás 21:30 horas.

Talleres

Pola súa banda, as persoas interesadas en sentir e diferenciar a mellor cervexa para cada ocasión poderán asistir aos Talleres de Cervexas Gastro e aos Talleres de Cervexas Alhambra. Nos primeiros, co obxectivo de parar para percibir, levarán a cabo catas maridadas con tres das variedades de Cervexas Alhambra máis particulares e punteiras no ámbito gastronómico: Alhambra Reserva Roja, Las Numeradas de Cervexas Alhambra e Alhambra Baltic Porter. Nos segundos, os asistentes aprenderán, da man do beer sommelier, a importancia da interpretación das Cervexas Alhambra máis clásicas para extraer o máximo número de matices.

Ademais, durante o horario de apertura –sete quendas por día, os venres; seis quendas por día os sábados e domingos; e tres quendas por día de luns a xoves— terán lugar os Talleres de Tiraxe, guiados polo Brand Ambassador de Mahou en Galicia, nos que se mostrará aos visitantes como tirar a caña perfecta.

En todos os casos, as experiencias descritas durarán 45 minutos e terán lugar todos os días de apertura.

Os horarios e os formularios de inscrición para asistir aos talleres gratuítos atópanse nesta ligazón: www.cervezasalhambra.es/santiago