Sorbete de coco e limón (sen lácteos)

Por Vicky Morales de Taller de Azúcar

Ingredientes para facer 1 litro aproximadamente:

100 gr. zume de limón

300 gr. leite de coco

300 gr. auga

pel relada de 2 limóns

110 gr. azucre

*opcional= un benxamín de cava.

Preparación:

Mestura todos os ingredientes coa batidora.

Proba e rectifica de zume ou azucre se che apetece máis ou menos doce.

Arrefría na neveira ou conxelador.

Serve moi moi frío ou con xeo picado.

Nota: é importante que o leite de coco teña unha alta porcentaxe de coco (sen mesturas) a min gústame moito a de lata, co frío solidifica, así que temos que poñela uns minutos ao baño maría, pero merece a pena polo seu sabor máis intenso.