Sopa de mango con xeado de chocolate branco

Por Vicky Morales de Taller de Azúcar

 

Unha sobremesa moi lixeira e refrescante! Nuns minutos e de maneira moi fácil poderemos sorprender aos nosos comensais.

Ingredientes (para 4 persoas):

500  gr. de polpa de mango

200  gr. de zume de laranxa

40  gr. de azucre mascabado

4  boliñas de xeado de chocolate branco

Preparación:

Tritura o mango co zume de laranxa e o azucre, (se non tes azucre  mascabado podes utilizar azucre branco). A mestura debe quedar líquida.

Conservar no frigorífico ata a hora de servir, debe estar moi fría.

Presentar nun prato fondo e colocar enriba unha porción de xeado de chocolate branco (eu escollino con  anacos de chocolate negro).