Rubén Chao, de Druida: «As nosas xoias teñen moita inspiración arabesca»

Por Rebeca Munín

Druida é unha marca dedicada á creación de xoias que naceu no ano 2006. Neste tempo, a empresa foi evolucionando desde unha inspiración celta ata á arabesca que os define hoxe en día. "Seguimos tendo mercado en Galicia, pero agora facemos unha xoiería máis pensada para exportar", explica Rubén Chao.

Todas as pezas son elaboradas de xeito artesanal, aínda que tamén fan uso das novas tecnoloxías, como os programas 3D, cos que poden facer cambios de deseño antes de comezar a traballar.

A continuación podedes ver a 'Entrevista con xeito' que mantivemos con Rubén, dentro do noso especial con artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.

Fotos: Mon Osaka