fbpx
CompostelaEntrevistas

Rodrigo Riveiro, de Ferraxe de Prata: “Damos unha nova vida á louza”

Rodrigo Riveiro cóntanos nesta “Entrevista na corentena” como traballa coa prata e como, despois dunha anécdota familiar, descubriu a forma de darlle unha segunda vida á louza, moitas veces esnaquizada ou esquecida, en forma de creación de novas pezas a partires dela.

Neste vídeo, que forma parte das entrevistas con artesáns que contan coa marca Artesanía de Galicia da zona de Compostela, amósanos as fermosas pezas de xoiaría que poden obterse, inspiradas na técnica xaponesa do Kitsugi, e que vende coa súa marca Ferraxe de Prata.