A revista Pincha ofrece aos seus lectores unha información cercana, directa e desenfadada sobre a gastronomía e a cultura de Compostela e a súa contorna.

Cunha coidada imaxe e unha linguaxe sen artificios, logra chegar a todo tipo de públicos falándolles do que máis lles gusta: que facer no seu tempo de ocio.

A edición en papel, que se publica cada dous meses, inclúe reportaxes, entrevistas, unha axenda cultural e diferentes seccións relacionadas coa música, o cinema, o teatro, a literatura, o turismo, a hostalería, etc.

Se queres recibila antes que ninguén en pdf no teu correo electrónico escribe a ola@revistapincha.gal 

Este é o número actual. Podes consultar aquí os números anteriores.