fbpx
#apaparCompostela

Pulpo con ameixas no San Jaime

Por @JuanEAT_o

@JuanEAT_o facendo das súas no San Jaime. Foto: Iván Barreiro
@JuanEAT_o facendo das súas no San Jaime. Foto: Iván Barreiro

Cando me trouxeron o prato no San Jaime, se tivera pechado os ollos e simplemente o xulgara polo olfacto, diría que ía comer gambas ao ajillo. Ou incluso un bo raxo á cazola. Pero a miña sorpresa foi cando o que tiña en fronte de min era unha marabillosa fusión entre dous clásicos. Tratábase dunha boa cazola pero desta vez cun invitado diferente: polbo. Si, pulpo! Acompañado dunhas deliciosas ameixas - moi ben limpiñas, todo hai que dicilo! 😉

Contounos Miguel Calviño, un dos socios do restaurante xunto con Ana Cabanas, que o prato leva “pulpo, ameixas, un pouco de guindilla, aceite…”. Unha receita aparentemente sinxela pero na que son moi importantes os detalles. O pulpo estaba no seu punto. O aceite, non moi pesado. Porque ás veces, cando tomas gambas ou raxo á cazola, o exceso de aceite pode pasarche factura. Nesta proposta do San Jaime cada elemento da salsa está servido na súa cantidade correcta. Hai unha boa harmonía con bos produtos galegos e iso resulta moi satisfactorio.

“Cando os clientes nos preguntan que recomendamos, falámoslle deste prato. Ao mellor son xente que xa leva días en Galicia e di: “Pulpo? Estamos fartos de pulpo!” Pero nós dicímoslles que a base é a mesma pero a elaboración sempre é diferente. E unha vez que o proban, a verdade é que lles sorprende”, explica Miguel.

E non me estraña! Para min foi moi grato notar este sabor, canso xa ao mellor de comer pulpo á feira, con cachelos ou á grella (se é que algunha vez te podes cansar de tomar un manxar como o noso polbo!).

Botei en falta quizais unhas ameixas máis grandes. Ademais o prato ten o tamaño suficiente como para compartir entre dúas persoas, servido como entrante antes dun principal. Que pena! Se volvo acompañado, poñédeme dúas racións! hehehe

DATOS

Lugar: San Jaime (Rúa da Raíña, 4 – Santiago)

Prato: Pulpo con Ameixas

Prezo: 13,50 €

Valoración: 8 estrelas

Fotos: Iván Barreiro