fbpx

Paula Ojea, ceramista: «Ter as miñas pezas nalgúns dos mellores restaurantes galegos é un escaparate fantástico»

Por Rebeca Munín

Ojea Studio é unha marca de cerámica artesanal, que no 2019 gañou o Premio Nacional de Artesanía na categoría de Produto pola súa colección 'Cut & Fold'. De formación enseñeira de camiños, Paula Ojea deixou a súa profesión para dedicarse ó que fora o seu hobby de toda a vida. "Foi unha aposta arriscada e ao recibir o premio, pensei: ben, non foi unha decisión tan tola!", comenta cun sorriso.

Paula crea todas as súas pezas no seu obradoiro en Vigo e traballa, entre outros, con algúns dos mellores chefs galegos como Pepe Solla ou Lucía Freitas, que utilizan as súas pezas nos seus restaurantes. "Para min é moi gratificante. É un escaparate fantástico. O reto é adaptarme ás súas necesidades mantendo o meu espírito", explica.

A nosa conversa enmárcase dentro do especial ‘Entrevistas con xeito’, nas que coñecemos ‘o xeito’ de traballar de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.