Pan doce de Espelta e Mazá

Por Vicky Morales de Taller de Azúcar

 

Este é un pan húmido, lixeiramente doce, ideal para almonzar ou merendar acompañado dun bo té.

Ingredientes:

2 mazás

3 ovos

75 gr. de azucre moreno

400 gr. de fariña de espelta integral

50 gr. de fariña de maíz

90 gr. de aceite de oliva suave ou xirasol

Un chisco de sal

12 gr. de fermento químico

1 cullerada de mel

1 cullerada de canela moída

Preparación:

Prequenta o forno a 180º

Nun recipiente grande ou no vaso da batidora verte as mazás peladas e cortadas en anacos, os ovos, o aceite, o mel e o azucre. Bate ata que se mesture ben, quedará como unha papilla.

Mestura noutro recipiente os ingredientes secos: as fariñas, o sal, o fermento e a canela, mestura.

Mestura as dúas preparacións cunha culler ou nun procesador de alimentos.

Cando estea a mestura homoxénea verte nun molde previamente engrasado e enfariñado.

Enforna a 170º durante aproximadamente 40 minutos.

Arrefría sobre unha grella.

Nota.- Podes engadir uns pedazos de mazá por enriba antes de introducir o pan no forno.