fbpx

Palmira Castro, de mimadriña: «A papiroflexia ten moitas posibilidades educativas e artesanais»

Palmira Castro recíbenos na súa casa para falarnos de mimadriña. Hai uns anos levou a súa profesión de educadora social a un blog, e a partir de aí puxo en marcha unha empresa coa que crea figuras de papel que lle serven para desenvolver todo tipo de proxectos educativos. Tamén crea pezas artesanais e elementos decorativos únicos de papel para persoas que se emocionan cos pequenos “milagres” cotiás. Unha demostración de que desde lugares pequenos coma Fisterra podénse facer cousas grandes.

A conversa que mantivemos con Palmira enmárcase dentro do especial 'Entrevistas con xeito' da revista Pincha, nas que coñecemos 'o xeito' de traballar de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.