fbpx
GaliciaGastronomíaNovas

Os Webinars Galician Wines divulgarán a riqueza dos viños con selo de Galicia Calidade

Un total de 21 dos máis prestixiosos prescritores de viño de toda España participarán nos seminarios en formato semipresencial que imparten os divulgadores Luís & Alejandro Paadín, pai e fillo, autores da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia.

Nas próximas semanas participarán nestes Webinars Galician Wines catadores, xornalistas, distribuidores, formadores e blogueiros, todos eles acreditados profesionais que chegan a miles de persoas, ben a través das redes sociais ou no seu quefacer diario recomendando persoalmente viños aos seus clientes, consumidores e seguidores.

Estes seminarios, que contan coa colaboración de todas as adegas de Galicia Calidade, son unha maneira de dar a coñecer a enorme diversidade de Galicia no seu conxunto, sen poñer o acento nunha soa marca, adega ou D.O. Cunha duración aproximada de dúas horas e cunha metodoloxía onde se explican os 2000 anos de historia do viño en Galicia, as súas máis de 70 variedades ancestrais de uvas e orixes, os chans e climas que configuran as 5 DD. OO.; e todo o exposto vese reflectido na posterior cata de viños onde se aprecian as diferenzas das procedencias, variedades, vales e elaboracións.

A marca Galicia Calidade -que distingue desde 1996 os produtos ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou polo seu proceso de produción, merezan esta distinción- conta con 18 adegas das cinco D.O galegas:

D.O. Monterrei: Gargalo – Quinta do Buble

D.O. Rías Baixas: Adega Eidos – Adega Valdés – Adegas Altos de Torona – Adegas e Viñedos Paco & Lola – Adegas Terra de Asorei – Granbazán – Señorío de Rubiós – Vilarvín

D.O. Ribeira Sacra: Adegas Regina Viarum – Leira Míllara – Vía Romana

D.O. Ribeiro: Adegas Nairoa – Viña Costeira

D.O. Valdeorras: Adega A Coroa – Adegas Ruchel – Terriña Adegas e Viñedos