Onde e de que xeito gozar dos nosos restaurantes nesta Fase 1

 

Prato de O Ferro. Foto: Iván Barreiro

Prato de O Ferro. Foto: Iván Barreiro

Desde o pasado 11 de maio, Galicia está na Fase 1 da desescalada establecida polo Goberno para voltar pouco a pouco a normalidade mentres continúe a pandemia do Covid-19. Iso significa para a hostalaría poder traballar con servizos a domicilio ou de recollida nos locais. Ademais, se teñen terraza poden abrila cun 50% do seu aforo.

Se todo vai ben, o próximo luns, 25 de maio, entraremos na Fase 2 e xa estará permitido atender no interior dos restaurantes, aínda que só ao 40% da súa capacidade.

Mentres agardamos por máis aperturas, queremos deixarvos neste artigo un repaso do que xa ofrencen algúns dos restaurantes que aparecen de xeito habitual na nosa Pincha. Así, ademais de poder gozar da gastronomía compostelá en terrazas como as de Pepe Payá (na rúa Cardeal Payá), Casa Pepe (en Cantón de San Bieito) ou Riquela (no Preguntoiro), animámosvos a probar as propostas dos seguintes locais.

A Maceta: Ofrece unha carta para recoller no local ou enviar a casa (+2,5 euros cun pedido mínino de 20 €). Horario: de xoves a sábado de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 22:30 horas e domingos de 13:30 a 15:30 horas. Teléfonos: 630 009 877 / 981 589 700

A Nave de Vidán: Traballa coa plataforma JustEat. Podedes consultar a súa carta aquí. Conta tamén cun Espazo Exterior que abriu sábado e domingo de 12:00 a 23:30 horas. Teléfono: 981 522 110

A Tafona: A chef compostelá con Estrela Michelin, Lucía Freitas, puxo en marcha unha ‘Pop Up Delivery’ Edición Limitada que funciona venres, sábados e domingos. Podedes consultar o menú na súa páxina de Facebook.  Teléfono: 680 960 680

Argentinos Burguer: Este restaurante de A Estrada ofrece un servizo de recollida no local para pedidos realizados antes dos venres ás 20:30 horas e antes dos sábados e domingos ás 13:30 e 20:30 horas. Podedes consultar a carta na súa páxina de Facebook.

Hotel Scala: Ademais de ter aberto o hotel e o seu restaurante para os hóspedes, tamén ofrecen un menú do día para levar. Para saber en que consiste e facer reservas hai que chamar ao teléfono 981 811 312.

O Ferro: Ademais de ter operativa a súa terraza ao 50% de capacidade, ofrece unha carta de recollida no local que podedes consultar na súa páxina de Facebook. Atenden pedidos de luns a domingo (menos sábados que están pechados) de 10:oo a 13:30 horas e de 20:00 a 22:00 horas. Teléfonos: 981 592 399/ 636 216 057

Pulpería Rial: Este mítico local de Padrón ten aberta a súa terraza e ofrece tamén un servizo de entrega a domicilio e recollida no local. Podedes consultar a súa carta na súa páxina de Facebook. Pedidos no WhatsApp: 608 359 512

TS A Casa: ‘Na túa casa’ é o seu novo servizo de tapeo para levar. Podedes consultar a carta na súa web. Funciona de xoves a sábado de 13:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas e domingos de 13:00 a 16:00 horas. Teléfono: 666 148 105