fbpx
GaliciaNovas

O compostelán Cristian Rodríguez, mellor barman de Galicia

Cristian Rodríguez.

Cristian Rodríguez, propietario do bar compostelán A Tasquiña de San Pedro, gañou onte o Campionato Galego de Coctelería que se celebrou no Hostal dos Reis Católicos na categoría de Mellor Barman de Galicia.

A victoria na categoría de Mellor Novo Barman de Galicia foi para Gabriel Vilar, lucense que tralo seu paso polo CIFP Compostela e o Parador de Santiago está actualmente traballando no Parador de Turismo de Toledo.

A décimo oitava edición do certame galego deixounos gozar coas acrobacias dos doce mellores preparadores de combinados de toda Galicia. Os dous gañadores participarán proximamente no Campionato Nacional de Coctelería.