Nuria, Uxía e Antía, de Las flores de Greta: «Creamos pezas de roupa únicas mediante a técnica do ecoprint»

Por Rebeca Munín

Nuria, Uxía e Antía fundaron no 2018 Las Flores de Greta, unha empresa dedicada á creacion de roupa estampada mediante a técnica do ecoprint. "Son pezas únicas e baixo criterios de sostenibilidade e respecto á natureza", explican. Primeiro recollen flores e follas e despois transladan os seus pigmentos a tecidos de orixe orgánica. "A nosa colección máis especial é a de noivas. Ofrecémoslles a oportunidade de eternizar o seu ramo nunha peza de seda", sinalan.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A conversa enmárcase dentro do especial ‘Entrevistas con xeito’ da Revista Pincha, nas que coñecemos ‘o xeito’ de traballar de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.