Muffins de Rosca con Froitos Vermellos

Por Vicky Morales de Taller de Azúcar

Esta é unha receita de aproveitamento, despois dos excesos destas datas, van quedando na casa restos de doces e moitas veces non sabemos ben que facer con eles. Coa máxima de “aquí non se tira nada” aproveitamos os restos da rosca ou roscón para facer estes deliciosos pasteis cos que imos triunfar en casa.

Ingredientes para 4 muffins:

8 rebanadas grosas da rosca cortada en cadrados

2 ovos

100 gr. de leite

2 culleres de azucre moreno

¼ de culler de canela

A pel relada de 1 limón

Amorodos, arandos ou a froita que teñamos por casa

80 gr. de azucre branco

800 gr. de auga

 

Preparación:

Prequenta o forno a 220º.

Nun cazo verte o azucre branco e a auga, engade 4 amorodos cortados en anacos e leva a ebulición durante 8-10 m. Reserva.

Nun bol mestura o ovo batido, o leite, o azucre moreno, a canela e a raiadura de limón.

Dispón nunha fonte as rebanadas da rosca e verte por enriba a mestura empapando todo moi ben. Deixa repousar 3-5 minutos.

Engrasa e enfariña unhas flaneras e coloca nelas as rebanadas de rosca, con coidado de que non rompan e sen esmagalas.

Enforna durante 15 minutos, deben quedar douradas.

Deixa arrefriar uns minutos e desmolda aínda tépedas.

Serve tépedo ou a temperatura ambiente cos amorodos ou coa froita que máis che guste, mesmo podes acompañalos de nata ou xeado.