fbpx
EntrevistasGalicia

Montse Betanzos: “O de colareira, máis que un oficio, é unha forma de vida”

Por Rebeca Munín

Montse Betanzos dirixe un negocio familiar que xa vai pola terceira xeración. Fan bixutería e complementos con cunchas que recollen das praias e transforman en fermosas pezas: colares, pulseiras, aneis, pendentes, broches.... e máis recentemente, sandalias, bolsos e sombreiros. Trátase do oficio tradicional das colareiras, propio da zona do Grove, e que para ela é non só un traballo, senón "unha forma de vida".

A conversa que mantivemos con Montse enmárcase dentro do especial 'Entrevistas con xeito', nas que coñecemos 'o xeito' de traballar de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.