María Feijóo: «A pintura vaime sorprendendo. Eu simplemente déixome levar»

Por Rebeca Munín

Para María Feijóo a pintura é paixón, emoción, unha ferramenta creativa que lle permite expresarse. "A pintura vaime sorprendendo, eu simplemente déixome levar", explica.

Como soporte utiliza maioritariamente a seda e con ela crea panos, foulards e distintas pezas de bixutería.  A artesá compostelá, cuxo proxecto forma parte da marca Artesanía de Galicia, contounos moito máis sobre o seu traballo na nosa Entrevista na Corentena que podedes ver a continuación.