fbpx

Mª Jesús Ares, de Arteviares: «O vidro ten un brillo que non ten outro material»

Foto: Eduardo Armada

Arteviares é unha empresa familiar dedicada á artesanía en vidro, que conta coa marca de Artesanía de Galicia, e que comezaron os avós de María Jesús Ares fai 85 anos, baixo o nome de Cristalería El Reflejo.

Empregando diferentes técnicas como o fusing, o slamping ou o sandwich, crean pezas únicas e especiais, como un colgante cunha folla de carballo que crearon en homenaxe a todos os profesionais (sanitarios, forzas de seguridade...) implicados na pandemia do Covid-19.

"O vidro ten un brillo que non ten outro material", asegura María Jesús, quen tamén destaca a gran cantidade de pezas que permite realizar: aneis, colgantes, regalos de empresa personalizados, pratos, cuncas... ata lápidas! Descubre todas as posibilidades na seguinte 'Entrevista con Xeito'.