fbpx
GaliciaNovas

Lucía Freitas súmase aos chefs Paco Morales, Nacho Manzano e Eneko Atxa como representante da gastronomía de Momentos Alhambra

Orixe, materia prima e creación contemporánea. Eses son os tres valores que definen ‘A gastronomía de Momentos Alhambra’, un novo concepto gastronómico de Cervexas Alhambra que contará coa chef compostelá Lucía Freitas.

A marca de cervexas quere amosar con este proxecto como ve a gastronomía e para iso non dubidou en contar con Freitas, chef do restaurante santiagués con Estrela Michelin, A Tafona. Lucía foi elixida para contar a súa experiencia diante das cámaras, nunha curtametraxe inspiracional gravada na Zona Vella de Compostela, o mercado e o seu local.

A chef afirma que, para ela, parar foi imprescindible á hora de crecer profesionalmente e que tamén o fixese A Tafona, ata o punto no que se atopa actualmente. Hai dous anos decidiu cambiar o concepto do restaurante e comezou a dirección da súa taberna galega en Nova York.

Cervexas Alhambra tamén contou con distinguidos chefs que representan, igual que o fai Lucía Freitas, a súa esencia e filosofía. Así, Paco Morales considera imprescindible coñecer a orixe e descubrir os segredos ocultos nas raíces culturais; Nacho Manzano garda un especial vínculo coa terra e a materia prima, xa que provén dunha familia que leva xeracións poñendo en valor os froitos do seu Asturias natal; e Eneko Atxa, especialista en recuperar e actualizar pratos tradicionais, é sinónimo de contemporaneidade.

A finais do 2019, ‘A gastronomía de Cervexas Alhambra’ traerá a Galicia os singulares talleres gastronómicos que a marca de cervexa propón asociados a este novo concepto. Neles, os asistentes poderán cociñar man a man con chefs locais uns menús creados con ingredientes seleccionados previamente, produtos frescos e de mercado, que encaixen coa filosofía e maridaxe de Cervexas Alhambra e que se poderán degustar posteriormente.

A experiencia gastronómica de Cervexas Alhambra defende que exista unha historia detrás de cada proxecto ou momento gastronómico, desde a concepción da idea ata a execución. A marca sempre pon en valor aqueles procesos creativos que prestan atención aos ingredientes, os procesos e técnicas, as creacións finais e as colaboracións con expertos.

Cervexas Alhambra propón dous tipos de momentos gastronómicos. Aqueles que nacen das ocasións cotiás que enriquecen o noso día a día e outros momentos especiais que xorden do desexo da marca por compartir e ampliar a experiencia. Ambos son unha invitación para parar para sentir máis e, en definitiva, estimular os cinco sentidos. A importancia da orixe, o valor dos produtos locais e de tempada, e a contemporaneidade son os tres alicerces fundamentais da gastronomía para Cervexas Alhambra.